Literaria
Aparta laureiro verde
deixa acrarexar a lua
estar soliño no monte
non vexo cousa ningunha.
Non quero de teu querer
que o teu querer o repartes
eres farol da noite
que alumas a todas partes.
Olvidarte a ti por outro
no che cabe no meu peito
olvidar outro por ti
eso xa cho teño feito.
Tráime lume tráime lume
tráime lume nunhas pallas
de camiño que mo traias
oirasme unhas palabras.
Non me chames teu padriño
que non eres miña afillada
quen foi contigo ao muiño
que te axude na enfornada.
Hay alegria no inferno
que morreo un escribano
a prima e máis o tinteiro
quedan no cuarto bailando.
Chamácheme moreniña
branquiño váite lavar
disme que non teño amores
inda chos podo emprestar.
Teo amor é como o vento
que vai de aqui para alá
o meu querer é unha pedra
que en onde a poñen esta.
Si queres conversación
que che non coste diñeiro
váite a quinta avenida
que é camiño pasaxeiro.
Maruxiña vái na fonte
moito tarda que non vén
ou rompéu o cantariño
ou moitos amores ten.
Non quero home de oficio
que no me ten comenencia
dorme moitas noites fora
e eu teño pouca pacencia.
Fúnme botar a dormir
ao pé da agua que corre
a agua vaime decindo
quen ten amores non dorme.
Séntate nesta pedriña
que eu me sentaréi na outra
axúdame a cavilar
na miña fortuna pouca.
Aquel bico que me diche
entre os toxos do monte
pasa dun ano que foi
e parece que foi onte.
Carballo verde do monte
agua fria non consente
o que a de falar conmigo
ha de falar para sempre.
A lúa vai encuberta
a min pouco se me dá
a lúa que me alumea
dentro do meu peito está.
Quen ten amores non dorme
quen no nos ten adormece
quen os ten lonxanos chora
quen os ten preto padece.
Disme que te queima o sol
eu digo te fai fermosa
mazanciña moi sombriza
nunca foi a máis sabrosa.
Non digas que non atopas
unha nena que che agrade
os rapaciños bonitos
onde están logo se sabe.
Na túa porta meniña
meniña na túa porta
á túa porta meniña
calquera carro dá a volta.
Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas