Literaria
Olvidácheme por probe
e terás moita razón
amor pobre e limón verde
sirven cuando hai ocasión.
Os ollos e o carazón
son dous amigos leales
cuando o corazón se doi
logo os ollos dan señales.
Nas palabras dos canteiros
meniñas non vos fiés
collen os picos e vanse
meniñas qué lle fareís?
A moza que é caladiña
e non di mal de ninguén
cuanto máis baixiño mira
tantos máis amores ten.
Os fillos da miña filla
todos meus netiños son
os fillos da miña nora
quizáis si ou quizáis non.
O meu refaixiño novo
lévame o rodo acabado
as malas lenguas do mundo
outro lle teñen botado.
Como queres ti que teña
cabello longo e tendido 
simo estan trasquilando
da outra bando do rio.
Todos perguntan que teño
que me ven entristecer
como ter non teño nada
pero algo quixera ter !
A perdiz anda no monte
de todas herbas come
a conversa dunha moza
manten tres dias a un home.
O domingo fun á misa
mirache pra min e riche
asi al Señor lle parezas
como a min me pareciches.
Din das túas mans que pican
para min son amorosas
tamén pican a roseiras
e delas saien rosas.
Maruxiña dáme un bico
que chei de dar un pataco
non quero bicos dos homes
que me cheiran a tabaco.
Cómo han cheirar a tabaco
si teñen cheiror de frores
malas raias chas comeran
si non cheiran millore.
Ao pasar pola botica
tiracheme cun limón
a casca deume nos ollos
o zume no corazón.
Esta noite hei de ir a fia
non vou por fiar na roca
vou por tocar o pandeiro
que esta noite a min me toca.
O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir
nin eu teño máis que darche
nin ti máis que me pedir.
O que ten a muller feia
gran regalía ten
taballa como unha negra
non lla cobiza ninguén.
Debaixo do pino verde
ten Maruxiña a súa cama
cando se vai a deitar
cango o candil dunha rama.
Unha rosa non a queiras
unha rosa non é nada
iremos polas roseiras
collerás unha manada.
Non te fies das mulleres
que son feitas do revés
vístinse pola cabeza
e disnudanse polos pés.

Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas