Literaria
Paséi pola túa porta
enganchéi na pechadura
unha fala non ma diche
corazón de pedra dura.
Rebuldéi e rebuldéi
vou farta de rebuldar
por causa das rebuldainas
nunca me poiden casar.
O día que me esqueciche
os meus ollos canto choraron
tanto foi que dos meus ollos
seca a fonte me deixaron.
Anque en min ves alegria
verala solo na cara
que de portiñas a dentro
solo Dios sabe o que pasa.
Meniña si che pesóu
porlos bicos que me diche
ti darasme os que che din
eu daréiche os que me deche.
Moito me sabe a rosquilla
con este vaso de viño
moito máis me sabería
botarlle enriba un biquiño.
O amor que ha de ser meu
ha de ter a man lixeira
ha de coller a rosiña
sin abalar a roseira.
Unha nena non é nena
dúas nenas nenas son
tres nenas queiman a casa
cuatro vólvena carbon.
Para cuncas pau de toxo
para pértegas de carballo
para o lombo de alpurneiro
a cabezolla do carro.
Todas as frutas se comen
sinón o verde limón
a meniña que parrandea
saie de unha doutra non.
Mariquiña ao teu refaixo
bótalle un reberetiño
non llo botes amarelo
bótallo coloradiño.
Indo po la calle abaixo
escurrin nunha cereixa
escorripado se mire
o que no camiño a deixa.
Cuando se foi meu amor
dixome que non chorase
que botase au aire as penas
pero que non o olvidase.
O pexegueiro frorece
bota follas o desdén
estóu contigo rapaz
mentras outro non vén.
Alto pino , pino altlo 
que ao ceo chegas ca rama
non me derrames o pino
que me derramas a alma.
O que nevega de noite
ha de tropezar nos penedos
eu que ando polo dia
tropezo nos teus enredos.
Miña nai dóume unha tunda
ca faldra dunha camisa
de tanto mal que me fixo
morria a xente de risa.
O que nunca estuvo lonxe
non sabe que é padecer
de lonxe as penas aumentan
para quen sabe querer.
Hasta a folliña do millo
sabe tamén picardía
garda o orballo da noite
para beber polo dia.
Eu ben sei a quen dixeche
contos da noite pasada
na túa vida saberás
da miña boca máis nada.

Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas