Literaria
Aunque veño por aquí
non veño por facer mal
veño por adevertirme
con xente do meu igual.
Inda por eiqui embaixo
fiando na miña roca
véu paxaro muy grande
fuxéume coa mazaroca.
Trocaches ouro por prata
o ouro máis che valía
trocácheme a min por outro
eu a ti non cho faría.
Indo non sei para onde
alcontréi non sei quen
na porta de non me acordo
non llo digas a ninguén.
Estreliña do luceiro
ti ben o debes saber
cantas horas ten a noite
denantes de amañecer.
Non me adoita que me mires
nin me adoita que fales
porque xa sei que te estimas
en moito máis do que vales.
Arreventas porque canto
e muito máis porque rio
teño de cantar e rir
fágache ou non mal partido.
As mozas de Lamalonga
elas son moi bailadoras
bailan na punta do pé
como si foran señoras.
Que Dios me deia un homiño
como eu o quero que é pouco
que seia bo e que me queira
que seia rico e bon mozo.
Váite meu homiño váite
vai correr a garambaino
canto máis cansadiño veñas
durmirás de mellor gana.
Pica canteiriño pica
pica na pedra miúda
non piques na muller allea
se non queres que outro pique na túa.
Fixo ben a miña nai
deprenderme a costureira
vén a agua e non me molla
vén o sol e no me queima.
Todas las costureiriñas
son amigas de conversa
o que a de falar co elas
non a de levar muita presa.
Non hai como ser probiño
pra saber o que é un escano 
e o que valen dous tizóns
e unha cunquiña de caldo !
Cuidache que te queria
porque che miréi a cara
hai moitos que van á feira
e non van a mercar nada.
A roseira bota frores
o limoneiro tamén
ti botas malas palabras
cada un bota o que ten.
O cariño que che teño
e máis o que che ei de ter
caben na casca dun ovo
e ha de quedar sin encher.
Teño un amor carpinteiro
bonito como unha rosa
teño medo que mo embruxe
algunha meiga envidiosa.
Zapatiño dunha sola
logo lle cai a biqueira
gárdate miña meiña
 de caer a vez primeira.
Dille au teu pai Teresiña
que nunca podréi querelo
cando te vou ver de noite
ponlle á porta o tarabelo.

Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas