Literaria
Fungueiro estadullo esteo
meu pau a todo se atreve
halo de sentir nas costas
si rondas onde non debes.
Marmurái marmuradoras
marmurade mal de min
que nunca fun marmurada
máis que de xente ruín.
Marmura marmuradora
marmura de min e doutro
tés unha silla no inferno
para descansar un pouco.
Máis quero na miña porta
unha silva que me pique
que ter unha mala lengua
barredoira que me enlixe.
O meu amor é pequeno
ser pequeno non é pero
métoo na manga de saio
falo con el cando quero.
Chamácheme moreniña
éche do polvo da eira
xa me verás o domingo
como a guinda na guindeira.
Moreniña e pequeniña
en ti meniña non é chata
si estás pobre de guapeza
estás cheína de gracia.
Máis quero ter sete febres
e ser picado da cobra
que ter a mala veciña
axexando á miña porta.
Aunque botes e rebotes
e volvas a rebotar
inda teño un soco cheo
outro por escomenzar.
Quen che me dera loureiro
donde o aire inda non dera
quen me dera os meus amores
onde ninguén o soupera.
Eu caséime por un ano
por saber que vida era
o ano váise acabando
quen solteiriña me dera.
O meu amor foise foise
sin se despedir de min
malas novas foran del
o dia que o conocín.
Bon puidera nun antoxo
do teu donaire gozar
pero vexo que hai inferno
non me quero condenar.
Os meus ollos a chorar
fixeron covas no chan
cousa que os teus non fixeron
nin de seguro farán.
Cuando te acordes de min
rézame un avemaría
por aquelas amistades
que tuvemos algún día.
Chamácheme cachorriño
cuando eu non mordo a ninguén
e si ladro á túa porta
é porque che quero ben.
Bienvenida , bienvenida
bienvenida de chegada
esa túa bienvenida
téñocha ben deseada.
Troquéi o meu corazón
por un ramo de cereixas
adiós ao meu corazón
si é que te vas e me deixas.
Aluméame aluméame
estreliña da fortuna
aluméame aluméame
mentras que non vén a lúa.
Oxe eiquí mañán alá
pasado mañán na feira
dese modo vai pasando
esta vida paxaxeira.

Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas