Literaria
Meu home foi o muiño
a muiñeira ten a sarna
moerían de mistura
cuando o meu home se raña.
Miña nai casade as fillas 
mentras ten bo parecer
pois non son herbas do prado
que volvan a enverdecer.
Ahora que ven a noite
ven a miña regalia
pra ir a veros meus amores
que no nos vin polo dia.
O cantar do arrieiro
é un cantariño muy guapo
ten unha volta no medio
para decir ! arre macho !
Eu pedinlle leite á vaca
a vaca pidéume erba
a erba pidéume o prado
o prado pidéume rega.
Non falés mal da veciña
que é unha muller como nós
o que oxe decides dela
mañán dirano de vos.
Non quero se muiñeiro
nin barrer no tremiñado
porque din que no outro mundo
piden contas do roubado.
Unha vella fixo papas
botóullas o pote fora
fai un ano que foi eso
inda agora a vella chora.
O baile visto de lexos
parece cousa de tolos
e si é que o bailan os vellos
é mellor pechar os ollos.
A miña muller morréu
enterréina tras do forno
paséi onte por ali
inda me chiscóu un ollo.
Dios che me deia pacencia
con esta miña muller
nin ela fai o que eu digo
nin eu fago o que ela quer.
Pensa moito e fala pouco
que o moito falar é vicio
e o dar palabras ao vento
é semear no camiño.
Palabriñas palabriñas
to se volven palabras
si buscas algo con elas
sáinche as contas furadas.
Cuida meu pai que me ten
debaixo do pé direito
fanlle a cama no sobrado
non sabe cuando me deito.
Miña nai como é tan pobre
cuando non ten que me dar
éncheme a cara de bicos
e dimpóis rompe a chorar.
Non busques moza na feira
e menos na romeria
tés de atopala na casa
coa roupa de cada dia.
O meu home foi de troula
e véu cheo de fariña
el muiñeiro non é
eu non sei a quen se arrima.
De madeira de cacique
teño que facer un carro
as rodas de pregoeiro
os estadullos de escribano.
Este pandeiro que toco
éche de coiro de Xués
toca pandeiriño toca
que ben duro o coiro tés.
Este meu pau de carballo
tres dias hai que o teño
denantes que de eiquí saia
héino de partir polo medio.
Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas