Literaria
Aldeiña de Lamalonga
de lonxe parece vila
ten a patrona na entrada
un cruceiro na saída.

Para que subes tan alto
atrevido pensamento
para que subes tan alto
si tés que baixar co tempo.

Bota as túas contas na casa
no nos leves ao concello
que uns han de decirche branco
outros han decirche negro.

O primeiro amor que eu teña
ha de ser un arriero
que non ten bota sin viño
nin ten bolsa sin diñeiro.

Non botes leña no forno
cuando vexas que está quente
non rifes muller co home
cuando por algo se ofende.

Co cariño non hai burlas
porque o cariño é ladrón
entróume un dia na casa
e roubóume o corazón.

Que contento vou a estare
cuando chegue a ver o Neno
daréille o meu corazón
que é o mellor de canto teño.

Vinde axiña compañeiros
correde e correde ben
e veredes o Neniño
nun pesebre sendo Rey.

Con un sombreiro de palla
un gallego ao Portal foi
mentras adoróu ao Neno
coméulle o sombreiro o boi.

Nunhas pallas deitadiño
en coiriños alí está
sendo dono deste mundo
o Señor de canto hai.

Anque me vou no me vou
anque me vou non te olvido
anque me marcho co corpo
aquí me queda o sentido.

Estreliña do alto ceo
dáme a túa claridade
foise o día , foise a noite
foise a miña mocedade.

Esta noite me levaron
a parolar cunha nena
levo o corazón doído
por ser a noite pequena.

Háino querediña háino
háino que non o houbera
por conta do háino háino
marchamos fora da terra.

Non séi por que me caséi
que solteira ben estaba
andaban tras de min
agora ningén me fala.

Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén
deixaréi pra cuando morra
pensar o que me convén.

Taberneira mide ven o viño
e pon a medida direita
mira que tés de pasar
unha ponte moi estreita.

Os prados queren precuro
os labramios labrador
propietario sin oficio
non pode ser gran señor.

Agora xa non se estila
pedirlle a filla a seu pai
senón entrar pola porta
meu sogro ¿cómo lle vai ?.

Teño un amor mariñeiro
un mariñeiro do mar
que tamén hai mariñeiros
que andan en terra a pescar.

Rimas
1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - Navideñas